Faldon-PIE-2-1

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE ASETRANSPO 2025/26

logistica
conductor
Captura de pantalla 2024-11-04 a las 9.57.30

O Programa Integrado de Emprego de ASETRANSPO, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, está dirixido a 100 persoas desempregadas dos concellos  de Vigo, Redondela, Cangas, Moaña, Pontevedra, Marín, Vilaboa , O Porriño, Mos, Salceda e Ponteareas. A duración é  de 12 meses , do 27 de outubro de 2025 ata o 26 de outubro de 2026.

O obxectivo é mellorar a empregabilidade e acadar a inserción no mercado laboral das persoas participantes a través das seguintes actuacións:

    • Información, orientación e asesoramento personalizado
    • Accións formativas.
    • Prácticas profesionais non laborais
    • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
    • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
    • Fomento da capacidade emprendedora.
    • Prospección empresarial.
    • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
    • Obradoiros de mobilidade laboral.

PROPOSTA FORMATIVA

ITINERARIO 1 -  Transporte

    • Cualificación inicial de condutores para o transporte de mercadorías –CAP.
    • Transporte de mercadorías perigosas (básico e cisternas) – obtención.
    • Tacógrafo dixital intelixente V2.
    • Xestión de flotas con IA.
    • Distribución, reparto e recollida de produtos alimentarios a domicilio.

 

ITINERARIO 2 -  Loxística

    • Operacións con carretillas elevadoras transpaleta e apiladora (categoría I, tipos 1 e 3).
    • Operador/a de carretillas elevadoras- UNE 58451.
    • Organización de almacén.
    • Operarios/as de ponte guindastre. Parte específica.
    • Ponte guindastre.
    • Grúa sobre camión.
    • Operacións con plataforma elevadora.

 

ITINERARIO 3 - MIXTO

Combinación dos anteriores.

 

A súa vez, todos os itinerarios dispoñen de formación transversal OBRIGATORIA  de Igualdade de Oportunidades e da seguinte formación transversal:

    • Fundamentos de excel .
    • Competencias básicas dixitais.
    • Primeiros auxilios e soporte vital básico e desfibrilador.
    • Manipulador de alimentos.
    • Intelixencia artificial: ChatGPT dende cero.
    • Introdución á intelixencia artificial.
    • Intelixencia artificial para a procura de emprego.
    • Acompañante de transporte escolar.

 

  • Accións de carácter obrigatorio. A participación no Programa Integrado de Emprego da ASETRANSPO implica o teu COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN ACTIVA no mesmo, concretándose nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións colectivas ao longo dos doce meses de duración do programa. Estas accións poden ser de distinta tipoloxía.

 

MEDIDAS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

 

  • As accións e actividades do Programa Integrado de Emprego serán realizados en horarios e en datas que permitan a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das persoas participantes.
  • Respectarase o período escolar non lectivo para realizar a meirande parte das accións fora destas datas.
  • Promoverase o uso de transporte compartido entre as persoas participantes.
  • Posibilidade de entrevistas por videoconferencia.
  • Horario flexible e amplo para realizar as accións individuais das persoas participantes.
  • Servizo de gardería e/ou atención a persoas dependentes, en caso de ser necesario, para facilitar a asistencia das accións do Programa ás persoas participantes.

 

COLECTIVOS DE INSERCIÓN

  • Persoas desempregadas con discapacidade
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social e persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda da Risga
  • Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero
  • Persoas desempregadas migrantes cunha autorización de residencia temporal por arraigamento socioformativo
  • Persoas desempregadas maiores de 52 anos
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas
  • Persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia non incluídas no tramo de inserción
  • Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI)
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas de longa duración
  • Persoas desempregadas inmigrantes
  • Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores

 

BOLSA DE ASISTENCIA

Todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia (presencial ou telemática) ás accións do programa.

As bolsas faranse efectivas de xeito mensual e as persoas demandantes deberán asistir e seguir con aproveitamento as accións que dan dereito a cobrar as bolsas.

Constituirán causa de exclusión do dereito ao cobramento:

  • Incorrer en máis de tres faltas de asistencia non xustificadas ao mes no caso das accións formativas.
  • Non seguir con aproveitamento a acción formativa.
  • Dificultar o normal desenvolvemento da acción formativa, das sesións de orientación ou das prácticas non laborais.
  • A falta de respecto ou consideración coas persoas con que interactúe nas accións do programa integrado de emprego.
  • A utilización de forma inadecuada das instalacións e equipamentos do centro ou entidade en que se leven a cabo as accións do programa.

 

ASPECTOS INNOVADORES DO PROGRAMA:

Para a consecución dos obxectivos do programa e en resposta á valoración de tecnoloxías emerxentes, o noso proxecto implementará un sistema avanzado de Intelixencia Artificial (IA) orientado a optimizar a xestión administrativa e a personalización dos itinerarios. Ademais de impartir formación específica que incorpora novas tecnoloxías e IA.